Tuesday 21 de May de 2024

Malpica celebrará este sábado un obradoiro de iniciación á confección e reparación de artes de pesca


Está previsto realizar unha visita guiada ás 12:00 horas no porto de Malpica.

O Concello de Malpica celebrará este sábado un obradoiro de iniciación á confección e reparación de artes de pesca. Está previsto realizar unha visita guiada ás 12:00 horas no porto de Malpica. As persoas interesadas poden inscribirse no 981 71 15 20 ou no 650 02 10 95.
Ademais, dentro desta xornada, que comeza ás 10:00 horas na sala de conferencias do CAT, terá lugar o faladoiro baixo o título ‘Introdución á elaboración de redes e outras artes de pesca’, e de 11:00 a 12:00 horas visitarase a exposición
‘As redeiras e o mar’ tamén no CAT. Con esta actividade búscase dar a coñecer un oficio fundamental no ámbito da pesca, un dos sectores máis importantes de Malpica.